|
19 de xuño, XXIV Travesia Costa NaviegaA directiva da Agrupación Deportiva e Tempo Libre “A Pedrosa”, ten o pracer de dirixirse a vostede para informarlle que o vindeiro día 19 de Xuño, viaxaremos ata Navia (Asturias), para participar na XXIV TRAVESIA COSTA NAVIEGA.
Estes horarios poden cambiar se temos xente para levar dous autocares, neste caso serían 30 minutos mais tarde na Coruña, e teriamos unha saída de Arteixo as 6:15, os demais horarios non cambiarían.
Estes prezos cobren o viaxe e o seguro. Dificultade da ruta de sendeirismo: Baixa, coa única dificultade da distancia de 20 Quilómetros. Calzado: Sendo un percorrido fácil, aconsellamos levar BOTAS DE MONTAÑA. EXCURSIÓN ALTERNATIVA: Nesta ocasión poderá vir xente que queira disfrutar das praias do Cantábrico, pois o autocar terá unha parada en Puerto de Vega (para visitar o pobo), e despois ira para a fermosa praia de Navia (podendo visitar Navia a un quilometro). Mais Información: Na páxina WEB: www.adetlapedrosa.com e tamén poden solicitala no correo electrónico: adtlapedrosa @ yahoo.es, e nos Telf.: 616-120-975 de Manolo e 666-288-265 de Angel Para a reserva das prazas, sempre teremos que chamar ou falar cos membros da directiva. A forma de pago e por ingreso na Caixa Galicia, No 2091 0065 14 3040009073, facendo constar o nome da persoa. Sen máis, e na espera da súa sempre grata participación, reciba unha calorosa aperta. |